Cynthia Guimarey: “Para mi, ser scout es un estilo de vida”

Faga click aquí para ver a Entrevista con formato

CYNTHIA GUIMAREY: “PARA MI, SER SCOUT ES UN ESTILO DE VIDA”

La directora de un campamento scout de estas navidades nos cuenta su experiencia.

IMG_1418

Cuando a cualquiera de nosotros se nos dice que alguien es scout, probablemente nuestro cerebro acuda a películas norteamericanas donde niños uniformados aprenden a encender un fuego, se pierden en un bosque o venden galletitas. Y efectivamente, scout viene del inglés, explorador. Sin embargo, miles de personas en nuestro país pertenecen a este colectivo, quizás en la sombra, y realizan una labor que ya ha sido reconocida por instituciones como la cruz verde por su compromiso humanitario y con el medio ambiente. Cynthia Guimarey es una veinteañera de ojos castaños, algo introvertida. Definida por sus amigos como unha chica muy trabajadora, comprometida, y sensible, trabaja como secretaria en una empresa de construcción de inmuebles. Sin embargo, una faceta suya que sus círculos más cercanos no olvidarían mencionar si tuvieran que describirla, sería que es scout. Acaba de llegar a la ciudad donde reside, A Coruña, de dirigir el útlimo campamento que ha organizado con su grupo.


 

¿Qué es, en realidad, ser scout?

Es una pregunta complicada, abarca demasiadas cosas. Para mi, ser scout es un estilo de vida. Hace aproximadamente 100 años que se creó este movimiento y nada t i e n e q u e v e r c o n l o s p r i m e r o s campamentos. Hay ideales que en la actualidad no podrían, ni deberían, mantenerse. ¿Qué hacéis? Trabajamos con un método que se define en cuatro pilares. El primero es el compromiso personal a través de la ley scout y la promesa. La ley son una serie de puntos sobre como debe comportarse una persona, como por ejemplo ser leal, cuidar aquello que le rodea, ser positivo ante los problemas… La promesa es el compromiso del scout. Es una responsabilidad voluntaria que asumimos. Además, también nos define la educación por la acción, lo que significa que nosotros educamos a través de actividades y no sólo de teoría. También practicamos la vida en pequeños grupos, ya que dividimos a los educandos por edades para adaptar las actividades [ella no habla de alumnos, o profes, sino de educadores, como ella y educandos, aquellos a los que forman]. Además, hacemos programas que sean progresivos y que llamen la atención de los niños, para que también se diviertan.

¿Qué buscas como educadora?

Tanto yo como los miles de voluntarios que dedican su tiempo libre a ser monitor en una asociación scout buscamos formar personas íntegras, capaces de comprometerse, ser responsables, relacionarse con el mundo en el que viven y mejorarlo. Para eso nos basamos en el método que expliqué antes, haciendo juegos y actividades que les enseñen a superar sus dificultades y conocer sus capacidades. Llevar un campamento para más de cuarenta niños como el que acabas de organizar debe ser complicado.

¿Cuáles son las claves para que esté todo a punto en el momento preciso?

Para mi la clave es tener un buen equipo educativo, lo cierto es que a veces es complicado, ya que es difícil que los monitores permanezcan a lo largo de muchos años. A menudo cuando ese equipo comienza a funcionar, desaparece y llega uno nuevo al que volver a enseñar. Además, otra cosa a tener en cuenta es que las responsabilidades se deben repartir equitativamente. En un grupo scout el equipo educativo se ocupa de todo: conseguir un lugar donde hacer el campamento, hacer un menú, tener las programaciones listas, comprar materiales… Así que también se debe dejar claro que cuando alguien entra como voluntario que se necesita un fuerte compromiso, no existen los voluntarios a ratos.

Antes de ser educadora fuiste educando: ¿Cómo entraste?

Pues yo llegué cuando tenía 9 años, con una amiga del colegio. Ella tras cuatro años se fue, y yo después de 17 aún estoy aquí.

¿Como influye esa experiencia tuya en tu manera de trabajar con los niños y niñas?

Gracias a mi paso por el grupo conozco la simbología de las secciones [resulta que dentro de cada grupo, se encuentran diferentes ambientaciones para hacer las actividades, y a esto se refiere cuando habla de simbología]. No podemos comparar la imagen que los niños tienen del grupo a la de los adultos, las cosas se ven y viven de manera muy diferente. Cualquier persona que entra nueva como monitor puede ser capaz de estar al mismo nivel.

¿Qué es lo más reconfortante de esta labor?

Claramente ver el aprendizaje de los niños. Muchos empiezan con 7 años y ves como van creciendo hasta que son mayores de edad. Mejoran y avanzan en sus puntos débiles, muchos llegan con problemas de socialización y de repente en su sección se intregran a la primera. Generalmente los educandos tratan muy bien a los recién llegados y tratan de que se sientan a gusto. Esa ilusión tras volver de un campamento de 15 días, donde ves que has cumplido tus objetivos. Es, en definitiva, como una segunda familia, donde conoces a todo el mundo desde hace mucho tiempo, y si no, en seguida se enganchan.

 

A Aguia Azul

Mire vostede, Europa, a súa nena, é algo caprichosa. O outro día déronlle unha bofetada, e aínda está a chorar por ela. Se tan só vostede puidera ver como se zoscan o resto! En certo modo, nós xa sabiamos que nalgún momento lle devolverían todas as falcatruadas que estivera a facer.

Présteme atención, polo ben da súa filla, que xogou coas roupas dos nenos, púxolles nome, díxolles que tiñan que facer… Por non contarlle que cada vez que non lle gustaba como a trataban a ela e máis ós seus amigos, montaba unha liorta tremenda! E aínda por riba, vendíalles coitelos de plástico e pistolas de auga para que xogaran entre eles, ben sabendo que están prohibidos na gardería.

Unha vez, os nenos negáronse a darlle o pegamento universal que temos para as manualidades por un anaquiño de mandarina. Pero aqueles que tiñan o pegamento están xa tan confundidos, que comezaron a pelexar entre eles. E Norteamérica, o mellor amigo da súa nena, tamén quería o pegamento e aproveitaron a situación para desfacer todos os proxectos que tiñan comezados os pequerrechos.

Eu penso que o mellor para esta situación, o cal a súa nena xa debería ter aprendido pola experiencia dos seus predecesores, é que comprenda que un non pode manexar ós demais nin empregar a violencia coma unha solución. Así que, por favor, se quere rematar con isto, fale coa súa filla seriamente.

As cores de Turquía

Na céntrica provincia turca de Denizli hai unha cidade pequena e modesta chamada “Çivril”. Os beizos estalan para mergullarse nunha segunda sílaba líquida. Chi. Vril. Sen máis habitantes que Vilalba ou Betanzos, no árido verán duplica a súa poboación e as súas rúas amarelas énchense de sandías, nenos e panos de cores cubrindo o cabelo das mulleres.

Cheguei un día soleado, con certas nubes e unha luz tan intensa que fería ós ollos. Fun á gardería local, onde as paredes estaban adornadas polo mesmo rostro que presidía a entrada en forma de escultura: Mustafa Kemal Atatürk. A xente de aló chamábao “o pai de Turquía”. A súa cara está nas moedas, nos muros de Facebook da xente e nas súas mentes coma un referente. Cando chegabas a calquera lugar, ofrecíante Çay nun vaso pequeno e un sorriso deses que engurran a face.

Nós, os voluntarios, ensinábamos inglés. Cando comezamos a xornada cunha dinámica, tras explicala ós e ás sempre sorrintes adolescentes, descubrimos que non entendían nada do que dicíamos. Unha rapaza miúda e de pelo corto, que adoitaba ver series americanas en versión orixinal, traducía aquilo que boamente entendía. As clases eran unha especie de loita entre as poucas ganas de aprender e as moitas ganas de xogar. Cando chegaba o recreo, falabamos coas mans, cos ollos e coa expresión da cara. Unha das primeiras veces, fun saciar a sede provocada pola calor seca do lugar, cando o irmán da nosa tradutora improvisada díxome: “Su”. Sinalou o meu vaso, e sinalou a súa irmá. Sorrín. Era o noso xeito de dicir “que nome máis bonito”.

Cara ó ecuador da nosa estancia, chegounos a noticia de que un dos habitantes da cidade, que formaba parte do exército turco, falecera nun tiroteo na fronteira con Siria. A milicia kurda asaltáraos ó voltar á casa, sen estar de servizo. Ese día, suspendéronse as clases, e o pobo amarelo de súpeto púxose vermello e negro. Vermellas eran as pancartas do goberno, coa cara de Kagan Kandemir, o falecido. Negros eran os uniformes dos axentes que agora poboaban Çivril, e as súas armas. As mulleres cos panos de cores e os nenos agardaban nas casas, ausentes. Os ruídos de actividade, do mercado e das risas dos habitantes trocáronse polos berros reclamando unha xustiza que non existe nos conflitos armados. As mesquitas subiron o volume dos cantos ó rezo. E aqueles sorrisos que engurraban o rostro, resultaban case incómodos, dunha falsidade descoñecida até o momento. Un rapaz, que comezara o seu primeiro ano universitario na costa, foi un dos poucos que falou conmigo do conflito.“Eu, e a xente que coñezo, non queremos que se someta ó pobo kurdo. Non queremos a guerra se estenda, non queremos máis mortes” díxome o último día cun inglés que sobresaía da media.

E marchamos, porque tivemos que marchar. Eles, todos, quedaban a vivir unha realidade que sangraba. Eran a parede na que alguén aprende a disparar, recibindo cada unha das balas que se gastan antes de conseguir o teu obxectivo.

Noticia Reportaxeada

Para poder acceder ó documento en PDF prema na ligazón:

Noti Repo

21 de octubre de 2015

Afiánzase a presencia da muller na universidade pero tamén padece una segregación es- tanco: as carreiras siguen sendo “de homes” e “de mulleres”.

As flores do ben

As mulleres galegas con estudos universitarios superan en un 11% aos homes.

No televisor da sala de estar de Carmen tamén se difunde a noticia de que cada vez hai máis mulleres que homes cursando unha carreira universitaria na cidade na que vive, Santiago de Compostela. Ela non entende de notas de corte, de PAU ou de asignaturas onde só existan probas escritas. A rapaza, dende a xanela electrónica di que actualmente, en Galicia, só un campo universitario non acolle unha maioría feminina nas súas aulas: Enxeñaría e arquitectura. ¿Cambiou tanto a cousa como din?

Os datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) amosan que o número de mulleres que acude á universidade é maior que o de homes, en apenas un 5%. Porén, cando estudamos os datos cunha óptica maior decatámonos da súa dispersión. Carreiras como Educación Infantil contan con só un 4’5% de homes matriculados no primeiro ano, mentres que as enxeñarías son todo o contrario. A xente especializada no ámbito, como Mosteiro García, apunta a que malia a incorporación masiva da muller á universidade, todavía persisten actitudes e comportamentos sexistas que restrinxen as oportunidades das mulleres en canto á formación e, aínda de forma máis pronunciada, na profesionalización. Afirma que “mentres non se combata a fondo a desigualdade nestes ámbitos é ilusorio pensar nunha verdadeira igualdade de oportunidades entre os sexos”.

A Carmen, isto si lle soa máis familiar. No seu caso, estudou nunha carreira de mulleres. Filosofía e letras, que se impartía nos claustros das facultades que se atopan no corazón da cidade, xunto á praza de abastos. Na súa clase só había tres mozos, o resto eran rapazas, cuxas saias podían ser estreitísimas, ou cun voo que ocupaba toda a porta, como dicía a súa compañeira Pilar

Trigo Pazos nunha poesía que ela todavía é capaz de recitar. Cabe destacar, que ela pronuncia os versos cunha entoación admirable.

Igual de ben lembra a dificultade das probas que a levaron á entrar nos estudos superiores. Facendo memoria, conta cun sorriso a dureza daquela reválida feita no instituto Rosalía. Fabas contadas eran quenes conseguían aprobalas ó primeiro intento. Hoxe en día, carreiras coma Medicina ofertan 350 prazas e 2.580 estudantes tentaron entrar nela o ano pasado.

Mulleres diplomadas Mulleres doutoradas Mulleres licenciadas

Captura de pantalla 2015-12-21 a las 3.04.10

Niveis de estudos de homes e mulleres nados entre 1940 e 1969 (Aos 32-36 anos de idade) en %

Formac ión

Primaria (ou menos)

Secundaria

Laboral non universitaria

Universitaria

Sexo

Home

Muller

Home

Muller

Home

Muller

Home

Muller

1940-44

77

86

7

6

7

4

9

4

1945-49

74

81

8

10

8

4

10

6

1950-54

61

67

14

15

14

8

11

6

Cando facemos caso á estatística, pódense ver certos progresos no que é a evolución da titulación feminina. Na gráfica 1 amósansenos as porcentaxes de mulleres e homes que poseen títulos universitarios na actualidade, e na táboa expóñense os estudos dos contemporáneos de Carmen, a nivel estatal. As cifras na táboa van nun lixeiro e esperanzador ascenso para o xénero feminino.

 

Teremos que agardar até a xeración nada en 1960 para que superen as mulleres ós homes en canto á formación universitaria. É este o cambio social do que falan historiadores como Pérez Rúa, unha xeración cuxos pais criáronse en casas férreas e frías. Esta é a quinta pioneira en reparto de tarefas no fogar e que estableceu unha nova idea de familia.

“Que non vos pase coma min, que teño que dicirlle a teu pai diñeiro para mercar unha barra de labios”

Mercedes Álvarez Lires

Ao seu marido “Como tú no estudiaste, limpias la casa tú y cuidas a los niños tú. Fue una ruptura total y absoluta.”

Inmaculada Paz Andrade

“Tiven compañeiras do meu departamento que ao marchar dixeron: “Marcho antes de que comprobes que a unha muller non a deixan ser titular aquí”. Eu non llo dixen, pero pensei, vamos a velo.”

Carme García Negro

Carmen lembra os tés do hotel Compostela dos domingos, ós que non podía ir porque non tiña roupa nin cartos. Lembra as clases de Otero Pedrayo, as comparsas dos compañeiros, as Marías, as chuvias sempiternas, os profesores duros e os bós. Non moi lonxe do que poderán lembrar as mulleres que forman parte das porcentaxes ás que abriu as portas. A rapaza da xanela electrónica sorrí, despedindo o telediario.